laterais dispoñen de dous tipos de fi xación,
sen soporte (3.3.1, 3.3.2) ou con soporte,
(3.3.4, 3.3.5). Unha vez extraídas, utiliza un
pano húmido para limpar as paredes laterais
(3.3.3, 3.3.6). Unha vez limpas as paredes
do forno, volve colocar as guías.
Se o teu forno dispón de grella abatible, tira
cara arriba e pulsa para baixalo (3.3.7) e
limpa o teito cun pano húmido (3.3.8).
3.4 Limpeza dos cristais.
Limpeza exterior: Utiliza un trapo suave
empapado con produto limpacristais.
Limpeza interior: Se o interior dos cristais
está sucio, podes desmontalos para a súa
limpeza.
Cando o forno estea frío, abre a porta
completamente (3.4.1), e fíxaa cos topes
vermellos que se subministran na bolsiña
de accesorios (3.4.2). Introduce os dous
accesorios restantes para levantar o cristal
facendo panca (3.4.3). Retira o cristal
(3.4.4), límpao e sécao cun pano (3.4.5).
Se é necesario retira o conxunto de cristais
interiores da porta. Este conxunto pode estar
formado por un ou dous cristais, segundo
o modelo, cun tope negro en cada esquina.
Para extraelos introduce a man pola parte
inferior da porta e tira cara arriba (3.4.6).
Unha vez extraídos retira os topes para
limpar os cristais (3.4.7).
Cando os cristais estean limpos (3.4.8), volve
a encaixalos nos topes de goma, co pitón
cara arriba (3.4.9) e coloca os cristais de
forma que "L" esquerda e "R" dereita queden
ao lado das bisagras (3.4.10). Para terminar
coloca o cristal restante de forma que leas a
palabra PYROLYTIC (3.4.11). Retira os topes
(3.4.12) e pecha a porta.
Advertencias de uso:
• Asegúrate de que o forno está apagado.
• Antes de soltar o cristal, deixa que
arrefeza.
• Nunca utilices máquinas de limpeza a
vapor.
3.5 Limpeza exterior do forno. Usa produtos
neutros. Sécao ben cun pano suave.
58
4
Solución de
problemas
Hai unha serie de incidencias que podes
solucionar ti mesmo.
4.1 O forno non quenta. Comproba se está
conectado ou o fusible non está fundido.
Incrementa a temperatura seleccionada.
4.2 A luz interior non funciona. Cambia a
lámpada ou cambia o fusible.
4.3 Sae fume durante a cocción. Reduce a
temperatura e/ou limpa o forno.
4.4 A limpeza por pirólise non se realiza.
Comproba que a porta está ben pechada.
Fallo do sistema de bloqueo ou sensor de
temperatura. Chama o servizo técnico.
4.5 O forno emite un asubío. Alcanzouse a
temperatura de elección. O ciclo de cocción
está fi nalizado.
4.6 Fai ruído despois da cocción. É normal, o
ventilador segue funcionando ata reducir a
temperatura do interior e a do exterior.
4.7 Avisos de incidencias.
Fallo do sensor de temperatura.
Non manipules o forno. Para reparalo,
chama o servizo técnico.
5
Seguridade
• Cómpre que a instalación do forno a efectúe
un instalador autorizado, que seguirá as
instrucións e esquemas do fabricante.
• A instalación eléctrica debe estar dimensionada
á potencia máxima indicada na placa de
características e a toma de corrente eléctrica
coa toma a terra regulamentaria.
• Cómpre que o circuíto da rede que alimente
o forno teña un interruptor de corte omnipolar
de, polo menos, 3 mm de separación entre
contactos.
• Se o cable de alimentación está danado, debe
ser substituído polo seu servizo posvenda ou
g a l e g o