GALICIAN
Garantía IKEA
Canto tempo é válida a garantía de IKEA?
Esta garantía é válida durante cinco (5) anos
desde a data orixinal de compra do
electrodoméstico en IKEA. O tícket orixinal é
imprescindible como xustificante de compra.
Unha reparación realizada baixo a garantía
non amplía o período de garantía do aparello.
Quen presta a asistencia?
O provedor de servizos designado por IKEA
proporcionará asistencia ao cliente a través
da súa organización ou da súa rede de socios
de servizos autorizados.
Que cobre a garantía?
A garantía cobre calquera defecto
relacionado cos materiais e/ou a construción
do electrodoméstico e é válida desde a data
de compra do electrodoméstico nunha tenda
IKEA. A garantía só é válida en aparellos
destinados a uso doméstico. As excepcións
descríbense no apartado «Que non cobre a
garantía». Durante o período de garantía, os
gastos de reparación (recambios, man de
obra e desprazamento do persoal técnico)
correrán a cargo do servizo de asistencia,
sempre que o acceso ao aparello para a
reparación non supoña ningún gasto
particular. Estas condicións compren as
directivas da UE (N.º 99/44/CE) e as normas e
os regulamentos locais aplicables. As pezas
substituídas pasarán a ser propiedade de
IKEA.
Como intervirá IKEA para solucionar o
problema?
O provedor do servizos designado por IKEA
examinará o produto e decidirá, segundo o
seu criterio, se o produto está cuberto pola
garantía. En caso afirmativo, o provedor de
servizos de IKEA ou o seu socio autorizado, a
través dos seus centros de servizo, reparará o
produto defectuoso ou substituirá o produto
defectuoso por outro igual ou do mesmo
valor.
Que non cobre a garantía?
• O desgaste normal.
• Danos causados d eliberadamente ou por
neglixencia, danos causados p olo
incumprimento das instrucións de
funcionamento, instalación incorrecta ou
conexión a unha tensión incorrecta, danos
causados p or reaccións químicas ou
electroquímicas, ferruxe, corrosión ou
danos causados p ola auga, incluíndo, sen
limitación, os danos causados p ola
presenza de exceso de cal nas
canalizacións de auga, e danos causados
por fenómenos atmosféricos e naturais.
• Pezas suxeitas a desgaste, por exemplo
baterías e lámpadas.
• Pezas decorativas e non funcionais que
non afectan ao normal uso do aparello,
incluíndo rabuñadas e variacións de cor.
• Danos accidentais causados p or
substancias ou corpos estraños e limpeza
ou liberación de filtros, sistemas de
descarga ou caixóns de deterxentes.
• Danos en pezas como vitrocerámica,
complementos, vaixelas e cestos de
cubertos, tubos de abastecemento e
residuos, precintos, lámpadas e as súas
tapas, pantallas, pomos, cubertas e partes
de cubertas, salvo que se poida demostrar
que tales danos foron causados p or
defectos. de produción.
• Casos nos que non se atopen defectos
durante a visita dun técnico.
• Reparacións non realizadas polo provedor
de servizos designado por IKEA ou un socio
de servizo autorizado ou reparacións nas
que se utilizaron pezas non orixinais.
• Reparacións causadas por unha instalación
incorrecta ou non especificada.
• Uso do electrodoméstico nun ambiente
non doméstico, por exemplo para uso
profesional.
• Danos provocados polo transporte. No
caso de transporte realizado polo cliente á
súa casa ou a outro enderezo, IKEA non se
fai responsable dos danos que se produzan
durante o transporte. Non obstante, se
125