IKEA OSTVEDA 005.681.44 Manual De Instrucciones página 62

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

Galego
Carga de deterxente para prelavado en programas
que o requiran
En programas que teñan un ciclo de prelavado que
requira unha dose adicional de deterxente (ver o
capítulo dos programas de lavado), o deterxente
adicional debe verterse no lugar correcto (fig.27) C.
(fig.27)
Tipos de deterxente
Deterxente en pastillas
Os deterxentes en pastillas de diferentes fabricantes
disólvense a distintas velocidades; por ese motivo,
durante os programas curtos, algunhas pastillas
puideran non ser totalmente eficaces ao non disolverse
por completo.
Se se utiliza este tipo de produtos, recoméndase
seleccionar programas máis longos para garantir a
completa disolución do deterxente.
Para obter resultados de lavado satisfactorios, as
pastillas DEBEN inserirse no dispensador do deterxente,
NON directamente na cubeta.
Deterxentes concentrados
Os deterxentes concentrados, con reducida alcalinidade
e encimas naturais, combinados con programas de
lavado a 50 °C, teñen un menor impacto no ambiente e
preservan os cubertos e o propio lavalouza. Os
programas de lavado a 50 °C aproveitan as propiedades
de disolución da sucidade das encimas, permitindo así,
co uso de deterxentes concentrados, obter os mesmos
resultados que os programas a 65 °C, pero a unha
temperatura inferior.
Deterxentes combinados
Os deterxentes que tamén conteñen abrillantador
deben inserirse no dispensador do deterxente.
62
O depósito do abrillantador debe estar baleiro (se non o
está, antes de utilizar deterxentes combinados, regule
ao mínimo o dosificador de abrillantador).
Deterxentes combinados en «PASTILLAS»
Se vai utilizar deterxentes combinados en «PASTILLAS»
(«3 en 1»/«4 en 1»/«5 en 1», etc.), isto é, que conteñan
tamén sal ou abrillantador, aconsellamos o seguinte:
lea atentamente e seguir as instrucións de uso do
fabricante indicadas no envase.
Se co uso deste tipo de produto obtivese resultados de
lavado non satisfactorios, diríxase ao fabricante do
deterxente.
En determinadas circunstancias, o uso de deterxentes
combinados pode ocasionar:
a formación de depósitos de cal na vaixela ou no
lavalouza;
un peor lavado e secado.
Calquera problema que poida derivarse
directamente do uso destes produtos no está
cuberto pola nosa garantía.
No caso que se deran problemas de lavado e/ou secado
aconséllase o uso de produtos convencionais (sal,
deterxente e abrillantador). Isto garantirá que o
descalcificador do lavalouza funcione correctamente.
Neste caso, aconséllase:
encher de novo o depósito de sal e abrillantador;
executar un ciclo de lavado normal sen carga.
Teña en conta que ao volver utilizar sal convencional,
serán necesarios varios ciclos de lavado antes de que o
sistema volva ser totalmente eficaz.
loading