IKEA OSTVEDA 005.681.44 Manual De Instrucciones página 54

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

Galego
LUZ EXTERNA
Mentres o programa de lavado está en marcha,
proxéctase un feixe de luz no chan baixo a porta do
lavalouza. Cando se inician os ciclos de lavado, a luz
permanece acesa ata o final do ciclo de lavado. A luz
externa activase de maneira intermitente durante 10
segundos para indicar o final do ciclo de lavado.
A luz non está activada cando a máquina está no estado
de inicio diferido ou pausa.
A luz externa non se verá se se instala un zócolo diante
da luz, ou se se coloca un obxecto diante do proxector
de información.
Botón APERTURA DE PORTA AUTOMÁTICA
Esta opción activa un dispositivo especial que abre a
porta uns poucos centímetros durante ou ao final do
ciclo de secado (dependendo dos programas),
favorecendo un secado máis natural e eficiente dos
pratos. A duración do ciclo seleccionado modifícase
automaticamente para permitir a optimización das
temperaturas de lavado, o que supón unha redución
significativa do consumo eléctrico. A apertura da porta
na última fase de secado permite que o aire recircule,
eliminando así o risco de malos cheiros.
Esta opción estará activa automaticamente no
programa «ECO».
Porén, existe a opción de desactivala.
ADVERTENCIA: Con esta opción seleccionada,
non debe evitar de ningunha maneira que a
porta se abra ou forzar o peche, xa que iso
danaría o mecanismo. Deixe espazo libre
diante da porta e antes de pechala, espere a
que o dispositivo de apertura volva reactivarse.
54
Indicador de advertencia «SEN SAL»
Cando apareza a mensaxe «SAL» no visor ou, no seu
caso, se acenda a luz indicadora
encha o depósito (ver o capítulo «ENGADIR SAL»).
Se o nivel de axuste do descalcificador se establece en 0,
isto nunca sucederá (ver o capítulo sobre a
configuración do descalcificador).
Indicador de advertencia «SEN ABRILLANTADOR»
Cando aparece no visor a mensaxe «ABRILLANTADOR»
ou, no seu caso, se acenda a luz indicadora
correspondente, encha o depósito (ver o capítulo
«ENGADIR ABRILLANTADOR»).
Se o nivel do ABRILLANTADOR se establece en 0, isto
nunca sucederá.
Botón INICIO DIFERIDO
Selección de inicio diferido:
Este botón permite programar o inicio do ciclo de lavado
cun atraso DE entre 0:30 y 24 horas. Para establecer o
inicio diferido continúe da seguinte maneira:
-
Acenda o lavalouza mantendo pulsado o botón
«ACENDER/APAGAR» durante 3 segundos.
-
Seleccione o programa de lavado.
-
Prema o botón «INICIO DIFERIDO» (no visor
aparecerá «0:30»).
-
Prema o botón de novo para aumentar o atraso
en 30 minutos (cada vez que se prema, o atraso
incrementarase en 1 hora ata un máximo de
24:00). Ao premer o botón de novo despois dun
atraso de 24:00 volverá a 0:00 (inicio diferido
desactivado).
-
Os axustes de inicio diferido permanecerán
visibles no visor durante 5 segundos, ou ata
que se preman os botóns de ACENDER/APAGAR
- SELECCIÓN DE PROGRAMAS -
INICIAR/ACEPTAR.
correspondente,
loading