Galego
Carga de deterxente
Carga de deterxente
É indispensable utilizar un deterxente en po, líquido ou
en pastillas específico para lavalouza.
Os deterxentes non idóneos (como os empregados para
lavar a man), non conteñen os compoñentes adaptados
ao lavado en lavalouza e impiden o correcto
funcionamento da máquina.
Carga do depósito de deterxente
O depósito de deterxente está situado dentro da porta
(fig.23). Se a porta do depósito está pechada, para
abrila só ten que premer o botón de apertura (A): a
porta sempre está aberta ao final de calquera programa
de lavado, lista para o próximo uso.
(fig.23)
ADVERTENCIA: Cando cargue o cesto inferior,
asegúrese de que a vaixela ou outros elementos
non obstrúan o dispensador de deterxente.
A dose de deterxente pode variar en función do grao de
sucidade e o tipo de vaixela que haxa que lavar. Nós
aconsellamos utilizar de 20 a 30 g de deterxente no
dispensador (fig.24).
(fig.24)
61
Se utiliza pastillas, unha debe de ser abondo. Insira as
PASTILLAS asegurándose de que non interfiran co
sistema de apertura (fig.25).
(fig.25)
Despois de verter o deterxente no dispensador, peche a
porta de novo, empurrando na dirección da frecha ata
que encaixe facendo «clic» (fig26).
(fig.26)
Como os deterxentes non son todos iguais, as
instrucións que aparecen no envase poden variar.
Lembramos que unha cantidade insuficiente de
deterxente non limpa correctamente os pratos, mentres
que un exceso de deterxente non mellora os resultados
do lavado e, ademais, supón un gasto innecesario.
Non utilice unha cantidade excesiva de deterxente e
contribúa, asemade, a limitar os danos ambientais.
clic