3.- FUNCIONAMENTO
IMPORTANTE: A caldeira dispón dun servizo de posta en marcha. Chame ao Servizo de Asistencia
Técnica de FAGOR para que llo fagan no 902 105 010.
Nos modelos COMFORT, pechar a billa de enchedura cando a pre-
sión chegue a 1,0 bar.
Premer o botón INVERNO. A caldeira porase en marcha e moverá a
auga do circuíto de calefacción, que se purgará no caso de conter
aire.
Abrir de novo os purgadores dos radiadores para que se produza
correctamente a purga. Se é preciso volver abrir a billa de enchedu-
ra (B) nos modelos COMFORT, cómpre volver establecer a presión a
1,0 bar.
5.- Primeira posta en marcha.
MOI IMPORTANTE: Antes de pór en marcha a caldeira, asegúre-
se de que teña a presión de auga axeitada e que o circuíto estea
correctamente purgado para evitar ruídos.
Asegúrese de que o circuíto de calefacción estea perfectamente
cheo e purgado. A pantalla deberá indicar entre 1 e 1,2 bares con
auga fría no circuíto de calefacción.
Asegúrese de que o gas chegue á caldeira (chave de paso do gas
aberta).
Asegúrese de que lle chegue corrente eléctrica á caldeira.
Acendido da caldeira
1.- Asegúrese de que lle chegue corrente eléctrica á caldeira.
2.- Prema o botón de ACENDIDO/APAGADO.
3.- A caldeira queda preparada para funcionar cando se lle demande
auga quente sanitaria.
Selección da consigna de AQS
1.- Premer o botón AQS/CALEFACCIÓN e comezará a escintilar a
parte esquerda da pantalla. Repetir ata ver a billa e a consigna escin-
tilando.
2.- Por medio dos botóns de INCREMENTO/DECREMENTO , modi-
ficar a consigna a gusto do usuario (entre 35 e 60 °C).
Activación do servizo de calefacción
1.- Premer o botón INVERNO e aparecerá unha estrela invernal na
pantalla. Deste xeito, a caldeira queda preparada para funcionar en
modo calefacción cando exista demanda por parte do termóstato
ambiente.
2.- Ao pechar o termóstato ambiente, a caldeira ponse en funciona-
mento no modo CALEFACCIÓN e permanecerá en marcha mentres
o termóstato ambiente non acade a temperatura seleccionada ou a
consigna de calefacción da caldeira.
OBSERVACIÓN: O servizo de AQS ten sempre prioridade sobre
o servizo de CALEFACCIÓN.
Selección da consigna de CALEFACCIÓN
1.- Premer o botón AQS/CALEFACCIÓN e comezará a escintilar a
parte esquerda da pantalla. Repetir ata ver o radiador e a consigna
escintilando.
2.- Por medio dos botóns de INCREMENTO/DECREMENTO , modi-
ficar a consigna a gusto do usuario (entre 60 e 85 °C).
OBSERVACIÓN: Por cuestións de seguridade ,no caso de estar
configurada a calefacción como circuíto CHAN RADIANTE (entre
45 e 60 °C), non se poderá modificar a consigna.
26