Manual De Instrucións; Galego - Fagor ASTRA Serie Manual De Uso

Tabla de contenido
Idiomas disponibles
  • ES

Idiomas disponibles

  • ESPAÑOL, página 1
Manual de instrucións
Este aparato, destinado a un uso exclusivamente doméstico, foi concibido para labado e secado de
roupa.
Moi importante: Le integramente este manual antes de instalar e utiliza-la lavadora. A
documentación e accesorios, encontraralos no tambor da lavadora-secadora.
Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados co debuxo
correspondente.
Seguridade
A presión da auga á rede deberá estar entre 0,05 e 1 Mpa (0,5 a 10 kg/cm
Non utilices prolongadores nin adaptadores para conecta-la lavadora-secadora.
A instalación eléctrica debe estar dimensionada á potencia máxima indicada
na placa de características e a toma de corrente eléctrica coa toma a terra
regulamentaria.
Se o cable de alimentación está danado, debe ser substituído polo seu servizo
postvenda ou persoal cualifi cado similar co fi n de evitar un perigo.
• No caso de encaixe, a caravilla de toma de corrente deberá ser accesible despois da
instalación.
Non manipula-lo interior da lavadora-secadora. Ante de calquera problema que
non poidas solucionar, chama ó servizo técnico.
Este aparato poden utilizalo nenos con idade de 8 anos e superior e persoas con
capacidades físicas, sensoriais ou mentais reducidas ou falta de experiencia e
coñecemento, se se lles deu a supervisión ou instrución apropiada respecto ó uso
do aparato dunha maneira segura e comprenden os perigos que implica. Os nenos
non deben xogar co aparato. A limpeza e o mantemento que se debe realizar por
parte do usuario non deben realizalos os nenos sen supervisión.
Os nenos menores de 3 anos deben permanecer afastados a menos que se
supervisen en todo momento.
Non secar artigos sen lavar na secadora de tipo tambor.
Os artigos que se mancharon con substancias coma aceite de cociñar, acetona,
alcohol, gasolina, queroseno, quitamanchas, augarrás, ceras e substancias para
elimina-la cera, deberíanse lavar en auga quente cunha cantidade extra de
deterxente antes de secalos na secadora de tipo tambor.
Artigos coma goma de espuma (espuma de látex), gorros de ducha, tecidos
impermeables, artigos forrados de goma e roupas ou almofadas recheas de
anacos de goma de espuma non se deberían secar na secadora de tipo tambor.
Quitar todos os obxectos dos petos tales como acendedores ou mistos.
Os suavizantes ou produtos similares deberíanse usar tal e como se explica nas
instrucións do suavizante.
Non se debe instala-lo aparato detrás dunha porta pechable coa chave, unha porta
corredoira ou unha bisagra no lado oposto á da secadora de tipo tambor.
A parte fi nal dun ciclo de secadora de tipo tambor prodúcese sen calor (ciclo de
arrefriamento) para non dana-los artigos. Non parar nunca a secadora de tipo
tambor antes da fi n do ciclo de secado, a non ser que se retiren rapidamente
tódolos artigos e se estendan para que se disipe a calor.
g a l e g o
2
).
61

Hide quick links:

Tabla de contenido
loading

Tabla de contenido