Mantén premido o botón de baixada até que o
escritorio acade a altura desexada.
Para acceder ao percorrido completo
• Solta o botón de baixada no punto seguro máis
baixo e despois volve premer o botón de baixada
durante cinco segundos. O escritorio moverase
á altura mecánica máis baixa para ter acceso ao
percorrido completo.
Memoria simple
• Para establecer a memoria ou as posicións finais:
• Move o escritorio ao nivel que queres almacenar.
• Preme os dous botóns tres veces (0,5-1 segundo
entre cada prema).
• A seguir, preme "arriba" ou "abaixo" para
establecer a posición (0,5-1 segundo).
• Fai o mesmo para o segundo axuste almacenado.
Detección de colisión
• O sistema deseñouse para evitar posibles danos
no equipo debido a colisións.
Cando o escritorio detecta un cambio repentino
de resistencia, deixará de moverse e volverá atrás
uns 50 mm. 25 mm de traxecto para activar en
ambas direccións.
Regulamentos de seguridade
• Cando o escritorio se mova arriba ou abaixo,
mantén a distancia de seguridade precisa para
non quedar atrapado entre a superficie en
movemento do escritorio e os obxectos fixos da
área circundante.
• Cando o escritorio se mova arriba ou abaixo, o
usuario debe estar atento para que ningunha
persoa se lesione e para que non rompa ningún
obxecto. Se a superficie do escritorio vira, non
debe golpear ningún obxecto fixo. Afasta sempre
a cadeira de traballo antes de mover o escritorio
arriba ou abaixo.
• As patas do escritorio non se deben modificar
nin recompoñer de ningunha maneira. Durante
os traballos de mantemento e reparación do
escritorio, sempre hai que desconectar o cable
eléctrico da toma de parede.
• Queda terminantemente prohibido modificar as
patas.
• O escritorio non se debe usar como un
dispositivo para elevar persoas.
Instrucións de mantemento e reparación
Tras aproximadamente unha semana de uso,
comproba que os parafusos estean ben apertados.
• Se non se pode subir ou baixar ou escritorio,
revisa as conexións que hai entre a caixa de
control e a toma de parede.
• Se hai que cambiar algunha peza do sistema
eléctrico, antes hai que desconectar o cable
eléctrico da toma de parede.
• Substitúe a peza eléctrica e, a seguir, volve
conectar o cable eléctrico na toma de parede. O
escritorio xa está listo para usar.
Se o escritorio segue sen funcionar, contacta coa
tenda IKEA máis próxima ou co servizo de atención
ao cliente.
Reparación de produtos
Non tentes reparar este produto ti mesmo, xa que
abrir ou retirar as tapas poden deixarte exposto a
picos perigosos de tensión ou a outros riscos.
Na embalaxe inclúese a Declaración de
conformidade da UE nun documento separado.
Fabricante: IKEA of Sweden AB
Enderezo: Box 702, SE-343 81 Älmhult, SUECIA
Núm. de teléfono: +46(0)476-648500
CONSERVE ESTAS INSTRUCIÓNS
O símbolo do contedor de lixo riscado indica que
o produto non debe ser colocado cos residuos
domésticos. Pola contra, o produto debe ser
entregado para reciclaxe segundo a normativa
local en materia de xestión de lixo. Se separas os
produtos marcados con este símbolo dos residuos
domésticos, axudarás a reducir o volume de lixo
que acaba en incineradoras ou vertedoiros e
minimizarás os efectos negativos que poderían
causar na saúde humana e o medio ambiente. Para
máis información, ponte en contacto coa túa tenda
IKEA máis próxima.
14