INDICACIÓNS PARA A ELIMINACIÓN
Cando remate a vida útil do seu audiófono, debe ser xestionado
de modo diferenciado ao sistema de recollida de residuos sólidos
urbanos. Todos os usuarios están obrigados a entregar os aparellos
eléctricos ou electrónicos nun punto de recollida selectiva da súa
cidade, comercio especializado ou ao seu audioprotesista, co obxecto
de facilitar o seu tratamento e reciclaxe e colaborar coa conservación,
protección e mellora do medio.
Na Unión Europea, o equipo marcado está cuberto
pola Directiva 2012/19/EU do Parlamento europeo e
do Consello sobre residuos de aparellos eléctricos e
electrónicos (RAEE).
CONFORMIDADE REGULAMENTARIA
Co símbolo CE, o fabricante confirma que os seus audiófonos cumpren
os requisitos esenciais da Directiva europea 93/42/EEC para produtos
sanitarios.
GL
94
CONFORMIDADE REGULAMENTARIA
TRANSMISORES DE TELECOMUNICACIÓNS E RADIO
O audiófono dispón dun transmisor que basea o seu
funcionamento nunha tecnoloxía de indución magnética de
curto rango a 10,57 MHz. A potencia do campo magnético do
transmisor é <-24 dBμA/m @ 10 m.
O audiófono cumpre cos estándares internacionais sobre
compatibilidade electromagnética. A potencia de emisión do
sistema de radio está moi por debaixo dos límites de emisión
regulamentarios para a exposición humana.
O fabricante confirma que este audiófono cumpre cos requisitos
esenciais da Directiva R&TTE 1999/5/EC sobre equipos
radioeléctricos e equipos terminais de telecomunicación.
A declaración de conformidade pódese obter dirixíndose a:
MICROSON S.A.
Pere IV, 160
08005 BARCELONA
ESPAÑA
95
GL