DESCONEXIÓN POR PORTAPILAS
DESCONECTAR:
Para desconectar os seus audiófonos, abra
parcialmente o compartimento da pila.
CONECTAR:
DESCONECTAR
Para conectar os seus audiófonos, peche o
compartimento da pila.
CONECTAR
CONDICIÓNS AMBIENTAIS
USO RECOMENDADO E ALMACENAMENTO:
Para un funcionamento óptimo, utilice as súas axudas auditivas
dentro do rango de temperatura de 0 ˚C a 40 ˚C (graos centígrados).
Así mesmo, a humidade relativa, para o seu almacenamento, non
debería superar o 95% (sen condensación).
GL
82
MANTEMENTO E COIDADO
INFORMACIÓN
• Limpe os seus moldes frecuentemente, usando unha toalliña
indicada para tal efecto. (Consulte o seu audioprotesista).
• Recoméndase empregar un deshumidificador periodicamente
para manter a súa axuda auditiva en óptimas condicións de
funcionamento. (Consulte o seu audioprotesista).
• Teña sempre unha pila de recambio á man.
ATENCIÓN!!
• Non limpe os seus audiófonos con alcohol, auga oxixenada
ou deterxentes: utilice un pano suave humedecido.
Non molle os seus audiófonos! Mantéñaos secos e
protexidos da humidade.
DOMES/ADAPTADORES
O cerume (cera do oído) nos domes/adaptadores ou moldes
afecta á calidade do son.
Limpe os domes/adaptadores ou moldes inmediatamente despois
de extraer os audiófonos cun pano suave; non necesita ningunha
outra ferramenta.
83
GL