Galego
O sensor de movemento VALLHORN funciona con luces intelixentes e enchufes de
IKEA. Pódese utilizar co receptor DIRIGERA a fin de controlar produtos intelixentes
coa aplicación IKEA Home smart.
Aplicación IKEA Home Smart
Para dispositivos Apple, descarga a aplicación da App Store. Para
dispositivos Android, descarga a aplicación de Google Play.
Nota: se tes unha pasarela de ligazón TRÅDFRI, utiliza a aplicación IKEA Home
smart 1. Para unha mellor experiencia, utiliza un receptor DIRIGERA.
Primeiros pasos co receptor DIRIGERA
Descarga a aplicación IKEA Home smart e sigue as instrucións que aparecerán
en pantalla. Con DIRIGERA poderás conectar todos os produtos que queiras a un
sensor de movemento.
Primeiros pasos sen o receptor DIRIGERA
1. Asegúrate de que o produto intelixente que queres conectar está instalado e
aceso.
2. Coloca o sensor de movemento preto do produto intelixente
(menos de 5 cm de distancia).
3. Mantén premido o botón de emparellamento
10 segundos. Iluminarase unha luz LED vermella no obxectivo do sensor. O
produto intelixente emitirá unha luz LED branca intermitente unha vez estea
conectado.
Información interesante
Se non tes un DIRIGERA, poderás conectar como moito 10 produtos intelixentes
a cada sensor de movemento. Lembra engadir os produtos un a un. No caso de
os produtos estaren fisicamente preto, desconecta os que xa conectaras antes de
engadir o seguinte.
durante, polo menos,
13